miércoles, 30 de mayo de 2012

El restaurant​e Paprica ingresa en el Grupo Nove (Nota de prensa).

Noticias frescas DANINLAND, tiene el placer de anunciar a sus lectores; que el restaurante lucense PAPRICA, del joven chef, Álvaro Villasante, acaba de ingresar oficialmente como integrante del Grupo Nove. 
Como alguno de los habituales a este blog, ya sabréis; el PAPRICA es, en opinión de servidor, un soplo de aire fresco para la alta restauración de la provincia de Lugo. Las buenas maneras que desde sus inicios, ha mostrado este joven negocio; lo han llevado, a obtener importantes logros y reconocimientos.  El último de ellos, ha sido pasar a formar parte de una de las más reconocidas agrupaciones de Galicia y, por extensión, del resto del territorio nacional. 

Aguardo que este hecho, pueda contribuir a que su clientela continue acumulando grandes experiencias por muchos años y que pueda darse a conocer a un mayor número de personas. Mis mejores deseos para este restaurante; reciban mi enhorabuena.

Ahi os dejo con la noticia: 
O chef Álvaro Villasante Armas, propietario do restaurante “Paprica”, ingresa no Grupo Nove

Galicia. Lugo. Mércores 30 de maio de 2012./ O chef Álvaro Villasante Armas, propietario do restaurante lucense “Paprica”, é a nova incorporación do Grupo Nove, integrado ata agora por vintedous restauradores galegos.

Natural de Palas de Rei (lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenvolvida a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Ángel Palacios en “La Broche” (Miami); Gonzalo Tamames no “Rincón de Gonzalo” (Tenerife); Ramón Freixa, en “Racó d´en Freixa” (Barcelona); e Óscar Sabate, en “Eth Taro” (Val d’Arán). Finalmente, as aspiracións deste xove restaurador levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas no ano 2007.

O restaurante “Paprica” está especializado en cociña creativa marcada polas estacións e pola temporalidade, na que teñen moita presenza os produtos ecolóxicos. Desde a súa apertura, leva acadados varios recoñecementos, entre eles o Q de Calidade Turística, de feito foi o primeiro en Lugo en acadar esta certificación.
Grupo Nove
Grupo Nove está integrado por 22 restauradores galegos entre os que figuran algunhas das principais figuras da gastronomía internacional, aglutinando nada menos que a oito estrelas Michelín, dous campións de España de cociñeiros e 18 dos restaurantes máis activos de Galicia.

Os membros do Grupo Nove reinventan a cociña galega sen renunciaren ás orixes. Apostan por unha cociña contemporánea, de vangarda, e están atentos ás novas técnicas postas á disposición da excelente despensa que ofrece a terra e o mar en Galicia. Este ano 2012 o Grupo Nove celebra o seu décimo aniversario.

Máis información en www.nove.biz